Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematadas as obras do parque infantil do Cantiño de Burela

Os traballos contaron cun investimento de 40.000€ a cargo do Concello, e serviron para renovar por completo o parque

Burela, 19 de abril de 2024. O Concello de Burela remata as obras do parque infantil do Cantiño, que xa se atopa completamente renovado. Os traballos contaron cun investimento a cargo do Concello de 40.000€.

Estas obras encádranse nun plan de mellora de parques infantís anunciado polo Goberno local que se extenderá por outros puntos do municipio, como o parque Rosalía ou o parque do Campón.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, achegáronse ao parque do Cantiño para comprobar a renovación completa dos seus xogos.
“O parque atopábase moi deteriorado, xa que é moi empregado especialmente no verán”, explica Fernández Rey. “Agora conta con xogos novedosos que de seguro gustarán moito aos nenos e nenas de Burela”, engade.

Pola súa banda, Carmela López sinalou que “dispoñer de parques infantís de calidade e fundamental para Burela, que afortunadamente conta con moita poboación nova e con moita cativada”.

“Dende o Concello de Burela seguiremos garantindo que os parques da vila estean nas mellores condicións posibles”, concluíu a rexedora.

Exit mobile version