Site icon Crónica3.com A Mariña

Vintecinco persoas asisten en Ribadeo ao curso básico de voluntarios de protección civil

Ribadeo, 4 de abril de 2024. Vintecinco persoas asisten en Ribadeo ao curso básico de voluntarios de protección civil.

A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, explicou que “onte deu comezo o curso básico de voluntarios de Protección Civil no centro de ensinanza Pedro Murias e rematará o vindeiro domingo. Consta de 32 horas, 22 teóricas e 10 prácticas”.

Seijo dixo que “dende o Concello queremos agradecer a cada unha desas persoas que desinteresadamente están dispostas a aportar no seu tempo libre e de modo altruísta e responsable a prestación de axuda aos cidadáns en situacións de emerxencia”.

Exit mobile version