Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se coñecen @s premiada@ nos concursos de fotografía e debuxo convocados polo Día Internacional da Muller en Viveiro

O acto de entrega de premios terá lugar este sábado, día 13 de abril, ás 12:30 na sala multiusos do Concello

Viveiro, 11 de abril de 2024. O Concello de Viveiro anuncia as obras premiadas no concurso de fotografía amateur “Traballos e mulleres” e no concurso de debuxo escolar “Mamá traballadora”, convocados ambos con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Estes certames son impulsados anualmente pola Delegación Municipal de Muller e o Centro de Información ás Mulleres de Viveiro como parte das iniciativas realizadas arredor do 8 de marzo.

O acto de entrega dos premios de ambos concursos terá lugar este sábado, día 13 de abril, ás 12:30 na sala multiusos do Concello de Viveiro.

A alcaldesa María Loureiro celebrou “a ampla participación que houbo en ambos certames e a calidade das obras presentadas, que amosan o compromiso da veciñanza de Viveiro de todas as idades coa igualdade e cos dereitos das mulleres”.

O xurado do premio de fotografía estivo conformado por José María Álvez (fotógrafo de El Progreso), Pepa Losada (fotógrafa de La Voz de Galicia), Saúl Jiménez (fotógrafo de Carlos Fotógrafos) e Toño Goás (fotógrafo de Entrefotos).

O primeiro premio, dotado con 300€, foi para a fotografía “Singer woman” de Luis María Barrio Sáenz. O segundo, de 150€, foi para “Recordos” de Reyes Cerdá Mira. O terceiro, de 100€, para “Trombonista de Viveiro percorrendo o mundo enteiro”, de María Simón Cundíns.

Doutra banda, no concurso de debuxo escolar formaron parte do xurado Oliva Díaz Mejuto (artista local), Paula Díaz Mejuto (artista local), Ana María Abad López (CIM Viveiro), Margarita Fernández Franco (CIM Viveiro) e María Covadonga Dopico Cachán (Biblioteca Municipal).

Recibirán premio Aleixo Mariño Gómez de 3º de primaria do CEP Lois Tobío, Lara González Insua de 4º de primaria do CEIP de Celeiro, Xoel Canoura Escourido de 5º de primaria do CPR Landro e Carlota Oroza Díaz de 6º de primaria do CEP Lois Tobío.

“Mandamos os nosos parabéns a todas as persoas premiadas, ás que veremos este sábado no acto de entrega de premios”, sinala María Loureiro.

Exit mobile version