Daniel Garcia destacou a importancia destas celebracións para visibilizar e impulsar o recoñecemento social da gandeíría extensiva
Daniel García felicitouse “polo nacemento desta nova rapa, a terceira da comarca da Mariña, para visibilizar e impulsar o recoñecemento social da gandeiría, e especialmente da cría en extensivo, na conservación do territorio e da vida no rural”. Neste sentido, valorou “o traballo e a iniciativa das persoas que colaboraron na organización, que transmiten unha gran paixón e orgullo polo que fan”.
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoiou a organización da rapa cunha achega para a instalación do curro, que permitirá a celebración das actividades deste ano e en futuras edicións. A área provincial tambén colabora na financiación doutros gastos como a degustación da carne de poldro de pura raza galega que se realizou o venres nos locais de hostalaría da vila da man de Puraga.