Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha persoa sufriu diversas queimaduras ao tratar de prender a cheminea con alcohol en Barreiros

Barreiros, 25 Novembro, 2024 Foi trasladada consciente ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pouco antes das 19:30 horas: unha persoa sufriu varias queimaduras ao tratar de prender con alcohol a cheminea da súa vivenda, situada no lugar das Eiras, en San Cosme.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción da Garda Civil e de Protección Civil de Barreiros, que confirmaron que a persoa ferida foi trasladada consciente ao hospital de referencia.

Exit mobile version