Site icon Crónica3.com A Mariña

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este xoves na clausura do centenario da Confraría de Pescadores de Burela que se celebrou na Nave de Redes do porto burelés

Durante a cita, Carlos López asistiu ao ronqueo do atún e á súa preparación, visitou as exposicións dos Patróns Maiores e das mulleres con traballos relacionados co mar e tamén os murais do exterior da confraría. No acto participou o Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas; a Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López; e o Presidente da Confraría de Pescadores de Burela, José Basilio Otero, entre outras autoridades.

Exit mobile version