Na presentación, Iria Castro explicou que “desde a área de Cultura traballamos desde fai anos na valorización da ilustración e da arte gráfica galega cunha programación propia, o programa IlustrarNós, obradoiros e murais, que levamos aos centros educativos para que as
xeracións máis novas coñezan a referentes neste eido artístico, que non ocupa espazos centrais nos libros e nos temarios, pero que axudan a construír unha imaxe plural e máis completa do noso acervo cultural”
“Esta xornada sérvenos de punto de partida para celebrar a obra dun autor polifácetico que medra a carón dun dos proxectos culturais máis relevantes do século XX en Galicia como é Sargadelos e que destaca polo seu compromiso coa cultura popular”, explicou a deputada, que adiantou a próxima inauguración da exposición “Universo Vizoso” comisariada por Aser Álvarez, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos o vindeiro mércores – 29 de xaneiro, ás 19.00 horas-.