Na xuntanza, convocada polo BNG de Riotorto, acordouse a creación dun grupo de traballo con veciñas e veciñas – Ríotorto pola Sanidade Pública- para dar continuidade á mobilización, até recuperar o funcionamento normal do centro de saúde, que está sen atencion médica estable desde mediados de novembro.
A comisión realizará unha recollida de sinaturas por todo o concello e prevé a organizacion dunha mobilizaciòn diante da delegación da Xunta de Galicia en Lugo para a primeira semana de febreiro.
O BNG solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para instar ao goberno municipal a apoiar a convocatoria, facilitando o desprazamento.