Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa sorteou os premios da campaña de San Valentín

Ribadeo, 22 de febreiro de 2025. Acisa sorteou os premios da campaña de San Valentín. As persoas afortunadas son veciñas das localidades asturianas de La Caridad e Barres (Castropol) e de Rinlo (Ribadeo).

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “Luz María Martínez, Manuel Rodríguez y Lucita Álvarez foron os gañadores dos premios da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, aos que onte pola tarde lles fixemos entrega dos seus agasallos. Desde a asociación queremos felicitalos e darlles as grazas por mercar no noso comercio”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Luz María Martínez resultou agraciada cunha cea para dúas persoas no restaurante Javier Montero; Manuel Rodríguez foi o gañador dunha cea para dúas persoas no restaurante San Miguel; e Lucita Álvarez gozará dunha noite con almorzo no Parador de Turismo de Ribadeo. As persoas afortunadas fixeron compras e depositaron as súas papeletas en Grisi, Capturas Pesca y Anais. Os agraciados poden desfrutar dos premios segundo as condicións marcadas polos locais que os doaron”.

Cruzado Iglesias subliñou: “temos que agradecer o apoio ao comercio local tanto das nosas veciñas e veciños, como os de toda a contorna, de Asturias e de Galicia. E animámolos a seguir apostando polos nosos negocios durante todo o ano, porque ademais de mercar poden levar algún importante premio. Do mesmo xeito temos que darlles ás grazas ás empresas que doaron os premios para a pasada campaña de San Valentin”.

Os premios foron entregados nas oficinas de Acisa onte pola tarde, tras a celebración do sorteo entre as preto das 9.000 rifas recollidas que foron cubertas pola clientela do comercio asociado, que fixo as súas compras dende o 6 ata o 16 de febreiro.

Na entrega de premios participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense. Esta actividade estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Exit mobile version