Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo conmemorá o Día da Muller a fin de semana do 8 de marzo

O sábado haberá unha andaina ás 17.00 horas, seguida dunha demostración de danza oriental na Casa do Mar

Cervo, 17 de febreiro de 2025. O Concello de Cervo, en colaboración coas diferentes asociación de mulleres do municipio -Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade- programa diferentes actos con motivo do Día Internacional da Muller, que foron consensuados nun encontro que mantiveron a rexedora, Dolores García Caramés, e a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, coas representantes destes colectivos, na Casa da Cultura.

O sábado, 8 de marzo, está prevista unha andaina que partirá do Faro da Atalaia ata a Casa do Mar, ás 17:00 horas, e a continuación as persoas participantes poderán compartir un café e tamén desfrutar dunha exhibición de danza oriental.

Xa o domingo 9 de marzo, ás 15:00 horas, está previsto o tradicional xantar no restaurante o Noso Lar. As interesadas poden mercar os seus tickets no propio establecemento.
Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se está xogar durante este mes; no que participan unha vintena de parellas.

A xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Dilema.

O Concello de Cervo anima a todas as mulleres do municipio a que se sumen aos diferentes actos programados nesa fin de semana “nunhas datas simbólicas nas que se visibiliza a loita pola igualdade de xénero e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da vida”.

Exit mobile version