Site icon Crónica3.com A Mariña

O restaurante El Oviedo, de Ribadeo, celebrará o 14 de febreiro unha cea comentada por algúns dos mellores produtores alimentarios de Galicia

Os asistentes poderán gozar dunha cea composta por seis pases elaborados con produtos de tempada que a cociñeira Mar Orosa pensou especificamente para esta cita. Igualmente, durante o transcurso do menú, os produtores convidados comentarán os seus produtos, así como as elaboracións nas que estes se utilizan.

Exit mobile version