Os resultados desta colaboración vense reflexados ano tras ano de forma expoñencial, mantendo e engadindo novos matices cada ano para ofrecer unha oferta deportiva basada no compañeirismo e que propicie o sentimento de comunidade e cooperación. Ao igual que o primeiro ano deste contrato deportivo, todxs xs nenxs da base de ambos equipos continuarán podendo asistir de forma gratuíta aos partidos senior de ambos clubs. Na segunda tempada afianzouse de forma máis contundente esta relación, coa incorporación da cor identitaria de cada entidade nas equipacións de sendos equipos senior, que este ano se ampliaron á base, lucindo así a SD Burela unha terceira equipación laranxa e o CD Burela FS, verde, tanto nos equipos senior coma nas escolas deportivas, detalles que gustan aos/ás nenos/as, animándoos/as a participar á vez que forman parte de algo grande e comunitario.