Site icon Crónica3.com A Mariña

Concorrida asistencia á proxección do documental “Segadores da Órrea en terras de Castela”

Foi este xovess en Ribadeo coa organización da AC Francisco Lanza, na que os presentes poideron gozar dunha charla amena dos amigos e amigas da Órrea que falaron das súas vivencias na sega en Castela. Vendo o documental “Segadores da Órrea en terras de Castela. Unha historia de heroes” achegámonos a un tema lendario na nosa historia da man dos seus protagonistas. Nesta ocasión, escoitando a xentes da parroquia da Órrea, no concello de Riotorto. Mesmo dúas persoas que sendo uns mociños foron facer a sega estiveron presentes no acto e contaron de primeira man as súas vivencias e as lembranzas dos seus parentes e veciños.

Exit mobile version