Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo celebrará a súa Gala anual o 31 de marzo en Viveiro

Lugo, 10 de marzo, 2025. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo a Gala Provincial da Hostalería Lucense o vindeiro luns 31 de marzo no restaurante Louzao, de Viveiro.

O evento, xa habitual na axenda anual da Apehl, ten lugar cada ano nun punto da provincia e nesta ocasión viaxa a unha das localidades estratéxicas da Mariña lucense.

Durante a gala, a Apehl fará entrega dos premios Toda unha vida nos fogóns e reunirá a distintas autoridades, así como provedores e profesionais do sector.

Previamente á celebración da Gala Provincial da Hostalería Lucense, a sede da Apehl en Lugo acollerá o día 20 de marzo a súa Asamblea xeral e electoral.

Exit mobile version