O senador lucense acusa ao seu homólogo socialista “de falta de comprensión lectora” se é incapaz de entender un acordo que pide que o Ministerio lidere e financie un proxecto de intervención neste ben “só ou en concorrencia con outras administracións”
Explica que os populares foron quen de arrancar un amplo acordo na Comisión de Cultura do Senado -o pasado día 25- que acabou aprobando a súa iniciativa sen ningún voto en contra, na que se pide que o Executivo estatal “lidere e financie a obra de rehabilitación integral” deste inmoble declarado conxunto histórico-artístico.
O PSOE PRETENDE DESMARCARSE
Balseiro lamenta que o PSOE pretenda agora desmarcarse deste acordo e que unha vez máis volva a dar as costas a unha reivindicación da veciñanza de Lourenzá, interesada en protexer, preservar e poñer en valor o seu mosteiro.
O senador acusa ao seu homólogo socialista, Cesar Mogo, de “falta de comprensión lectora” se é incapaz de entender un acordo que pide que o Ministerio lidere e financie un proxecto de intervención neste ben “só ou en concorrencia con outras administracións”
Para Balseiro esta non sería a única vez que o PSOE pretende desentenderse da situación do mosteiro xa que lembra os socialistas prometeron e deron por feito, ata en dúas ocasións, que o seu Goberno investiría fondos estatais na conservación deste inmoble, compromiso incumprido e desmentido polo Ministerio en resposta oficial.
O senador fai un chamamento para deixar a confrontación política a un lado e facer realidade un proxecto de rehabilitación do mosteiro. A liña a seguir polo Goberno nacional é a que no seu día liderou a Xunta, que realizou tres obras nestas instalacións, na última investiu 360.000€ para rehabilitar a igrexa (cuberta, lanterna e cúpula, ademais de reparación de humidades e renovación por completo do sistema eléctrico)
“O noso obxectivo é conservar bens tan senlleiros coma este, tan identificativos e símbolo de Lourenzá, para que poidan gozar deles non só a presente xeración, senón tamén as próximas”- conclúe o senador popular.