Seis meses despois do anuncio de reparación a situación sigue igual
“Seis meses despois seguimos como estábamos, co perigo que esta situación supón para os usuarios, tanto sexa actividade pesqueira ou deportiva ou de ocio, e para a veciñanza en xeral, e esto non é de agora, pois xa hai anos que se producíu a fenda e desde o BNG xa advertimos á alcaldía en máis dunha ocasión” afirma o portavoz municipal do BNG Miguel Gómez, que acompañou ao deputado mariñao Daniel Castro na visita que fixo ao porto, e que vai trasladar esta situación ao Parlamento co obxecto de instar a Portos de Galicia a proceder a reparar esta fenda definitivamente e proceder á súa estabilización.
Daniel Castro vai preguntar no Parlamento pola situación na que se atopa a obra, que según anunciaran no seu día o conselleiro e o presidente de Portos ía facerse en dúas fases: unha primeira para asentar o muelle, que perdía material na súa base, e unha segunda para facer un seguimento da fenda co obxecto de estabillizala. O investimento previsto era de 55.000€ para as dúas fases. Desde o BNG demandan prazos para a execución da obra e tamén queren saber se vai haber un novo investimento para a obra despois de compobarse que os traballos realizados na primeira fase non deron o resultado desexado.
Cando se trata de obras para A Mariña, o Partido Popular ralentiza
“Un ente como Portos de Galicia que despón dun considerable orzamento debe ser moito máis áxil na solución dun problema coma este que afecta á seguridade non só do sector pesqueiro no Vicedo, senón a toda a poboación, por eso presentamos esta iniciativa e agardamos que se adopten as decisións oportunas para unha pronta solución” manifestou Castro, que apuntou tamén que “cando se trata de obras na Mariña, parece que o Partido Popular ralentiza a súa actividade” concluíu.