Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Xove ven de sacar unhas liñas de axudas para baleirado de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais para o exercicio 2025

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas titulares de inmobles residencias sitos no termo municipal do concello de Xove en contornas sen rede de saneamento municipal que estean provistos de fosas sépticas ou outros sistemas individuais de xestión de augas residuais en sitios sen rede de sumidoiros municipal. As bases foron públicadas no BOP do 8 de marzo e pódense ver tamen no taboleiro de anuncios do Concello de Xove.

Exit mobile version