
Nesta ocasión o acento estará no mundo do viño. Da man da prestixiosa catadora lucense Isa Lozano, o restaurante ofrecerá cinco viños seleccionados, que serán comentados pola catadora, que se acompañarán con cinco tapas deseñadas para a ocasión polo restaurante. As prazas son limitadas, teñen un custo de 32€ e é necesario reservar con antelación.