Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Seminario de Estudos Libertarios da Galiza no Xebra

Este sábado 15 de marzo, a partir das 12 horas, o centro social Xebra –en Burela– contará coa presenza de varios integrantes do Seminario de Estudos Libertarios da Galiza (SELG), unha iniciativa que procura crear espazos de debate arredor do socialismo libertario. O colectivo estará no centro social burelá para presentar a revista ‘Anarquismo e organizaçom’, un anuario que recolle algunhas das ponencias organizadas pola entidade. A actividade é de balde e aberta para todo o mundo até completar aforo.

Exit mobile version