Site icon Crónica3.com A Mariña

Un home cae nunha lameira no paseo marítimo de Viveiro e precisou ser rescatado

Viveiro, 26 de marzo, 2025. O implicado estaba tirado nunha lameira e foi necesaria a intervención dos bombeiros para chegar ata el.

Foi un particular quen, pasadas as 22:30 horas, informou ao 112 Galicia dun home caído nunha lameira na zona do paseo marítimo de Viveiro.

Desde o 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e á Policía Local de Viveiro, así como aos axentes da Policía Nacional.

Os bombeiros conseguiron chegar ata a persoa e rescatala, tralo que foi atendida polos profesionais sanitarios que se desprazaron ata o lugar.

Exit mobile version