Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha carpa instala no C.F.E.A. Pedro Murias acolleu este domingo o cocido de Antroido, organizado polo Concello de Ribadeo, para as veciñas e veciños que participan no programa ‘Preto de Ti’

Foi unha xornada de encontro e de conversa, que estivo aderezada con música. Á cita acudiron 220 persoas. Desde o Concello sinalan: “agradecemos a todas as persoas que participaron neste cocido e fixeron posible esta xornada tan especial”.

Exit mobile version