Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha saída de vía deixa unha persoa falecida en Alfoz

Alfoz, 9 Marzo, 2025. No coche viaxaba outra ocupante, que foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Eran as 17:40 horas cando un particular alertou ao 112 Galicia da saída de vía dun turismo no quilómetro 18 da LU-160, en San Pedro de Mor. No momento da chamada, o alertador explicaba que a situación semellaba grave e que había unha persoa que apenas respondía aos seus intentos de comunicarse con ela.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento da persoa. Ao mesmo tempo, outra ocupante do vehículo foi evacuada ao hospital.

Exit mobile version