A moción presentada en agosto de 2023 plantexaba estes problemas que veñen arrastrándose xa hai anos e nos que “nada fixo o goberno local para darlle solución”.
Aínda que foi rexeitada, “si se recoñeceu o problema e tanto o PP coma o BNG optaron por crear unha comisión, que nin funcionou nin é a solución”.
Xs socialistas propoñemos:
1°. Realizar un estudo por técnicos especializados para que emitan un informe sobre a actual situación e estado das instalación, especialmente os equipos de potabilización e posibles solucións.
2º. Realizar un estudo de situación da instalación e puntos de recollida e reserva de auga, co fin de aumentar e garantir o subministro en condicións adversas.
3º. En base a eses informes, comprobar “se temos un problema de deficiencia dos equipos ou no seu manexo ou mantemento, así como ver de mellorar os puntos de reserva de auga e tomar as accións necesarias para corrixir e garantir un servizo de auga potable en todos puntos do concello”.
No último pleno celebrado o pasado luns, 10 de Febreiro, o alcalde entregou a cada grupo unha memoria resume dese estudo no que, efectivamente, se recolle un detallado informe técnico de cales son os problemas e as deficiencias, e tamén as solucións para un axeitado servizo de auga potable á poboación ata o horizonte de 2048, cunha poboación estimada de máis de 4.000 habitantes.
O custe das accións a desenrolar sería de 1.360.921,49€, polo que o paso seguinte será ver como se financia.
E por iso “que instamos ao goberno Local que se poña a traballar e busque financiación especialmente da Xunta”.
“Tamén queremos lembrar que se cheou a esta situación porque nos últimos 20 anos nada se fixo para mellorar este servizo, cun transporte e tratamento moi obsoletos”.