As pezas que interpretou a Banda ribadense por primeira vez nesta actuación son: The promised land, de Carlos de la Fuente Lucas-Torres; La última noche, de Víctor M. Ferrer; Pacis valley, de Ben Haemhouts; e Mariúpol, de Rubén Jordán. Tamén tocaron Hallelujah, de Leonard Cohen con arranxos de Michael Brown; La madrugá, de Abel Moreno; e Mater Mea, de Ricardo Dorado, esta última de bis.
David Ballester, que se incorporou á dirección da Banda ribadense para este concerto despois duns meses de baixa, comentou que “daba gusto ver a igrexa chea de xente” e agradeceu aos músicos e a Rubén Solloso, que o substituíu durante a súa ausencia, “o esforzo realizado para sacar a Banda adiante”. E tamén deu as grazas ao párroco e á Confraría da Semana Santa de Ribadeo por “poñer sempre facilidades para facer na igrexa este concerto”.