O alcalde de Trabada, Rubén García destacou que: “É un orgullo contar unha vez máis coa Asociación Saúde Mental A Mariña. Fan un traballo admirable na nosa comarca, e desde o Concello sempre imos apoialos e colaborar con eles”.
As cuncas, que xa están listas para a festa, son unha mostra do talento, creatividade e esforzo das persoas usuarias da asociación. Un xeito de poñer en valor o seu labor e de seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva e comprometida.
Desde o Concello de Trabada animan a toda a veciñanza e visitantes a participar na festa e a apoiar esta colaboración adquirindo as cuncas.