Á manifestación acudiu a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, que desde hai ano e medio ven acompañando e apoiando todasas reivindicacións do colectivo. A coordinadora da plataforma sanitaria, Montse Porteiro afirmou que a situación actual da sanidade pública e da Atención Primaria” é o resultado dun plan estratéxico para destruir a sanidade pública en favor da privatización, como así o levamos denunciando desde este colectivo desde o seu nacemento, hai xa quince anos”.
Á manifestación tamén acudiu, para apoiar ás veciñas e veciños do Vicedo, o colectivo” En Defensa dos Pacientes da Mariña “, constituído por médicxs e outros profesionais do hospital da Mariña que se están a concentrar diariamente diante do centro sanitario polas consecuencias nefastas para xs pacientes da comarca derivadas do brutal déficit de persoal no centro sanitario. María Jesús Ruiz, única dixestóloga que hai actualmente no hospital explicou que “naceron pola enorme frustración que lles produce non poder atender aos pacientes como deberan”. Afirmou tamén que se falla o nivel básico de saúde, que é a Atención Primaria desmorónase o sistema.