As inscricións para as distintas categorías da carreira como para a andaina suman xa preto de 300 participantes e estarán abertas ata o día 10 de abril na web maiskmsbarreiros.gal
A organización destaca que “vai ser unha edición na que a praia sexa protagonista ao 100%, algo único que temos a sorte de poder disfrutar en Barreiros”.
A carreira está organizada pola asociación Praias de Comado e o Concello de Barreiros e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do Servizo Provincial de deportes da Xunta e de Protección Civil de Barreiros.