Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición na xornada de formación sobre marketing dixital para axentes do sector turístico da Mariña, que terá lugar o 7 de maio en Lourenzá

A Mariña, 22 de abril de 2025. Avanzando nas accións trazadas no contexto do Plan de Sostibilidade Turística, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de abrir a inscrición para participar na xornada de formación Novos retos e oportunidades no marketing dixital, dirixida principalmente a sectores vinculados á actividade turística no territorio da Mariña. O encontro terá lugar o 7 de maio no salón de actos do Concello de Lourenzá. As persoas interesadas poden inscribirse xa ata día 5 a través deste enlace: XornadadeFormacionMarketingDixital

A vicepresidenta da Mancomunidade, Ana Ermida, explicou que “o encontro ten como obxectivo favorecer a formación e actualización de coñecementos dos profesionais dedicados ao sector turístico, tratando de aproveitar todas as posibilidades que nos brinda o mundo dixital cun obxectivo claro: favorecer o desenvolvemento da Mariña como destino de turismo sostible, innovador e competitivo”.

A xornada será impartida por un profesional con experiencia na formación, especializado en marketing e estratexias dixitais, que aproximará aos asistentes ao mundo dixital a través dun temario global que incluirá unha serie de temas clave. O obxectivo é coñecer ferramentas e recursos, aprendendo o modo de adaptalas e aproveitalas para cada negocio en concreto, en función dos seus recursos e obxectivos.

Ermida subliñou que “a formación en marketing dixital é fundamental para axudar a entidades e empresas pequenas e medianas do sector turístico a mellorar a súa visibilidade online, atraer máis clientes e fidelizar aos visitantes mediante ferramentas dixitais accesibles e prácticas”.

Esta xornada de formación está promovida pola Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense no contexto do Plan de SosCbilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024.

Programa da xornada

10:15h – Benvida e presentación

10:30h -12:00h – Xornada de mañá
Estratexias de marketing dixital. Ferramentas online para captación de clientes

12:00h -12:30h – Pausa café

12:30h -14:30h – Xornada de mañá
Comercio Electrónico. Entorno web
Publicidade online: Google Ads, email marketing, redes sociais, display, vídeo, mobile

14:30 -16:30h – Pausa para o xantar

16:30h -19:30h – Xornada de tarde
Xestión de redes sociais. Posicionamento orgánico en Buscadores SEO Posicionamento Marketing en Buscadores SEM. IA aplicada ao marketing dixital. Análise, optimización e conversión de datos web e de redes sociais. Ciberseguridade básica

Exit mobile version