A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “as xornadas reivindicarán o Camiño de Santiago como encontro de culturas, como unión dos pobos, comezando por Galicia e Asturias, seguindo por España e Reino Unido”.
A edil ribadense contou que “a programación, que está en fase de elaboración, incluirá conferencias, mesas redondas, concertos e como novidade un roteiro cultural”.
En Santiago de Compostela tivo lugar unha xuntanza de traballo na que participaron o presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís; o presidente de honra da Academia Xacobea, Xesús Palmou; o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; e as concelleiras de Cultura e Seguridade, Begoña Sanjurjo e Montse Seijo.