Site icon Crónica3.com A Mariña

Ante o apagón eléctrico xeneralizado o Concello de Cervo vén de activar o Plan de Emerxencias Municipal

Cervo, 28 de abril, 2025. Ante o apagón eléctrico xeneralizado o Concello de Cervo vén de activar o Plan de Emerxencias Municipal mantendo comunicación inmediata e fluída con sectores especialmente sensibles do muncipio, como o CDR, a Escola Infantil, os centros escolares, ou as residencias de Saúde Mental.

Desde o Concello, os técnicos responsables apuntan que o subministro de auga potable está garantido para os vindeiros días. Ademais, tamén se facilitou un xenerador para garantir o subministro no Centro de Día Residencia.

Na escola infantil tamén se facilitaron uns fogóns e material de cociña para que o persoal da Escola Infantil poida servir os alimentos ás crianzas en condicións.

Ante calquera incidencia cómpre contactar co 112

Recomendacións:

-Revisar os ascensores por se quedase algunha persoa atrapada na comunidade
-Revisar as zonas de portas automáticas
-E no momento en que retorne a luz, é necesario revisar toda a instalación para comprobar que non quedase prendido ningún aparello eléctrico previo ao apagón.

Exit mobile version