Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebrará o Día do Libro cun obradoiro de papiroflexia para a cativada

Barreiros, 16 de abril de 2025. Co gallo da celebración do Día do Libro, o Concello de Barreiros, a través da biblioteca municipal, organiza un Obradoiro de papiroflexia dirixido á cativada. A actividade terá lugar o martes 22 de abril de 16:00 a 17:30 horas.

Durante o Obradoiro, as nenas e menos participantes elaborarán flores e marcapáxinas coa técnica de papiroflexia, unha proposta lúdica que fomenta a expresión artística.

O obradoiro é gratuíto para todos os asistentes pero é preciso inscribirse previamente na propia biblioteca ou a través do teléfono: 982.124.106

Exit mobile version