Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros inicia os talleres de uso dos teléfonos móbiles en Celeiro e Vilamartín Grande

Darán comezo a semana do 12 de maio, desenvolvéndose en horario de 11 a 12 da mañá. Serán os luns en Celeiro e os mércores en Vilamartín Grande

Barreiros, 30 de abril de 2025. O Concello de Barreiros continúa achegando os talleres para uso dos teléfonos móbiles dirixidos especialmente a persoas maiores, poñendo en marcha os de Celeiro e Vilamartín Grande.

Na semana do 12 de maio arrincarán novas sesións que terán lugar os luns de 11 a 12 nas escolas de Celeiro e os mércores no mesmo horario, impartiranse no Teleclub de Vilamartín Grande.

As persoas interesadas poderán anotarse previamente chamando ao Concello no 982124002.

Estes talleres, impartidos polo Obradoiro de Emprego “Máis emprego” co seu módulo de dinamización, permiten achegar o uso consciente e informado dos teléfonos móbiles ás persoas maiores e poñer nas súas mans unha ferramenta que lles permite sacar partida ao seu terminal.

O proxecto iniciouse a inicios de ano coa posta en marcha do taller en Reinante, que segue funcionando a día de hoxe, cunha “moi boa acollida por parte da veciñanza e un fantástico aproveitamento das ensinanzas que se imparten”, asegura a alcaldesa, Ana Ermida.

A rexedora lembra tamén que nestes talleres se combina unha recollida de fotografías antigas para crear un fondo documental por parroquias que sirva para manter a memoria colectiva e das familias; polo que anima á xente a achegarse aos lugares e horas nas que se imparte o curso para achegar as fotografías, aínda que non estean interesados en recibir a formación.

Exit mobile version