Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da Vicepresidencia da Deputación en relación co convenio co Club de Remo de Ribadeo

Lugo, 27 de abril, 2025. En relación coa información emitida polo Concello de Ribadeo sobre a adquisición dunha furgoneta por parte do Club de Remo de Ribadeo, desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo queremos trasladar as seguintes aclaracións:

– O pasado 1 de abril, a área de Mocidade asinou un convenio de colaboración co Club de Remo de Ribadeo para a adquisición dunha furgoneta. Segundo o expediente, o importe do proxecto de compra da furgoneta é de 54.289,16€, dos que 40.000 son financiados pola área de Mocidade e 14.289,16 polo Club de Remo, con fondos propios.

– O convenio da área de Mocidade estableceuse co Club de Remo da Ribadeo, que foi quen trasladou esta necesidade á institución provincial en reunións e encontros mantidos ao longo dos meses de decembro e xaneiro co deputado Daniel García, sen mediación algunha por parte do Concello de Ribadeo.

– Lamentamos que o goberno municipal de Ribadeo actúe unha vez máis con mala fe na súa relación coa Deputación de Lugo, apropiándose ademais, neste caso, da xestión e do traballo realizado polo Club de Remo de Ribadeo.

– Solicitamos ao goberno municipal de Ribadeo un compromiso real co respecto e a colaboración institucional.

Exit mobile version