Site icon Crónica3.com A Mariña

Conferencia sobre a piratería ao corso e a súa relación con Ribadeo

Ribadeo, 21 de abril, 2025. Este xoves, 24 de abril, ás 20,30 h, a Casa do Viejo Pancho acolle a conferencia sobre a piratería ao corso e a súa relación con Ribadeo que organiza a A.C. Francisco Lanza.

Estará impartida por José Maria Leal. Xeógrafo, profesor da Uned-Pontevedra e investigador da USC.

A partir das súas investigacións levadas a cabo no marco da súa tese, “Pesca e negocio na Galicia cantábrica. De Cariño a Ribadeo entre o Catastro de Ensenada e o desestanco do sal”, o profesor José María Leal ofrecerá unha visión dunha actividade ben coñecida a través da historia, da literatura e do cine, pero que sempre contemplamos desde a distancia e nunca relacionamos coa nosa contorna máis inmediata.

Esta vai ser unha boa oportunidade para comprobarmos que veciños, e veciñas nosas, desempeñaron un importante papel nesta actividade tan lucrativa e ao mesmo tempo cargada de riscos.

Exit mobile version