“Froito dese traballo riguroso, Míriam Bermúdez desenvolveu unha análise técnica detallada en colaboración coa empresa concesionaria VIAQUA, que deu lugar á elaboración dunha memoria que documentaba a crítica situación da infraestrutura. Esta documentación foi presentada formalmente á Xunta a finais de 2024, exixindo a intervención inmediata”.
“Agora, coñecemos que esta actuación comeza finalmente a avanzar, cun proxecto técnico en marcha e un compromiso de colaboración para a súa execución. Desde o BNG de Viveiro, recibimos con satisfacción este avance, pois supón o recoñecemento do traballo serio e rigoroso realizado no seu momento”.
“Alégranos que, aínda que tarde, se dean os pasos necesarios para atender unha demanda que puxemos sobre a mesa cunha serie de informes, propostas e constante insistencia. O noso compromiso co interese xeral da veciñanza de Viveiro segue sendo firme e inquebrantable”.