Desde o Partido Popular, pasividade institucional
“A decisión do administrador único de pechar a planta de fabricación en Cervo constitúe un atentado directo contra a nosa historia, a nosa identidade e o futuro económico do noso concello. Ante esta situación de emerxencia, agardabamos unha resposta unánime e firme por parte do pleno municipal. Polo contrario, a alcaldesa preferiu situarse do lado da pasividade e do abandono institucional, negándose a apoiar unha iniciativa que tiña como único obxectivo defender un símbolo fundamental da nosa terra e do noso concello” afirmou o portavoz municipal Diego Fernández Martínez.
O edil nacionalista manifestou tamén que “resulta incomprensible que, ante un golpe tan duro para o emprego e o tecido social cervense, o Partido Popular opte por mirar cara outro lado. A fábrica de Sargadelos non é só unha empresa; é un emblema da cultura galega, un patrimonio que pertence a todas e todos nós, e que merece ser protexido con decisión e valentía”
A Xunta e o Concello tenen que actuar
“Desde o BNG seguiremos traballando, dentro e fóra do Concello, para que a Xunta de Galicia asuma a súa responsabilidade e actúe de inmediato para evitar o desmantelamento de Sargadelos. Non imos permitir que se perda unha peza clave da nosa memoria colectiva nin que se condene a nosa veciñanza a máis paro e máis despoboamento”.
“Facemos un chamamento á cidadanía a mobilizarse en defensa de Sargadelos, e esiximos á alcaldesa que rectifique, abandone o seguidismo partidista e se poña do lado do pobo de Cervo”.