Unha representación institucional e política coa que o BNG traslada o seu apoio á celebración da feira que a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto impulsa desde 2007 e tamen á labor de estudo e documentación do patrimonio arredor do ferro que a entidade desenvolveu nestes anos, co propósito ultimo de desenvolver un proxecto de musealización que sitúe Riotorto como referente para a coñecemento deste oficio tradicional en Galiza.
A traxectoria da Feira do Ferro, que ademais de amosar as técnicas do oficio serve de plataforma de promoción para producións agroalimentarias do concello e colectivos culturais , amosa a capacidade deste patrimonio para ser un motor económico e social do concello.