O alumnado do centro cariñés poderá aprender sobre o proceso de obtención do mel, así como gozar dunha pequena degustación.
Esta actividade forma parte da campaña ‘O Doce Mundo do Mel de Galicia’, impulsada polo Consello Regulador Mel de Galicia coa colaboración de Recursos de Aldea. Esta campaña ten como obxectivo achegar este produto á mocidade galega, dando a coñecer as súas propiedades, as súas calidades e a súa gran calidade.
Primeiro celebrarase unha charla explicativa na que os máis pequenos poderán coñecer varios detalles e curiosidades sobre este alimento e, posteriormente, levará a cabo unha pequena degustación.