O Centro de Día “A Concordia” de Ribadeo, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, organiza, este venres, un acto baixo o lema: “Bloqueemos o Parkinson”. (Os bloqueos son unha das afectacións máis siginificativas desta enfermidade.)
O obxectivo principal é formar e sensibilizar; contribuindo así a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias e entornos.
A actividade dará comezo ás 12:00, e incluirá:
– Exposición formativa sobre signos e síntomas.
– Técnica de Relaxación Progresiva de Jacobson: identificación de sensacións e achegamento á rixidez muscular e ás súas consecuencias.
– Proxección audiovisual: Mostra de fortalezas das persoas maiores para rachar estereotipos e desestigmatizar a enfermidade do Párkinson
– Entrega de tulipáns ás persoas asistentes: Símbolo do Párkinson. En 1980 un horticultor que padecía esta enfermidade desenrolou unha variante vermella e branca e nomeouna tulipán do Dr. James Párkinson.