Site icon Crónica3.com A Mariña

O club de lectura en lingua galega da EOI de Ribadeo terá unha terceira sesión o 6 de maio

Ven ao noso – 1

Ribadeo, 8 de abril, 2025. Despois das dúas convocatorias previas deste curso, no primeiro e segundo trimestre, o martes 6 de maio ás cinco da tarde terá lugar unha nova xuntanza do club. Nela voltará a falarse sobre a primeira obra da escritora Lucía Ferro, ‘Resaibo amargo’. A xuntanza, na que se tratará de que estea presente a autora, terá lugar na biblioteca nos baixos do edificio da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.

Como en ocasións anteriores, o club está aberto non só á xente relacionada coa EOI, senón tamén a calquera persoa interesada no libro ou na autora. Como na ocasión anterior, tamén participará xente voluntaria do programa de voluntariado da EOI, que se está a desenvolver por segundo curso.

Exit mobile version