Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo destaca o comportamento encomiable dos traballadores de Sargadelos na resolución do conflito

A alcaldesa, Dolores García Caramés, apuntou “á cooperación e o diálogo” como base fundamental para superar esta situación e manter o emprego e a continuidade dunha empresa símbolo de Galicia, poñendo en valor “o papel fundamental da Xunta de Galicia, e en especial da Consellería de Emprego”

Cervo, 9 de abril do 2025. Dende o Concello de Cervo queremos expresar o máis sincero agradecemento á Xunta de Galicia, especialmente á Consellería de Emprego, polo seu compromiso e esforzo na resolución do conflito entre a xestión da fábrica de Sargadelos e a Inspección de Traballo.

En palabras da alcaldesa, Dolores García Caramés, a cooperación e o diálogo foron fundamentais para superar esta situación e garantir a continuidade dunha empresa tan emblemática, non só para o noso concello, senón tamén para toda Galicia. Gracias ao traballo conxunto das partes implicadas, conseguimos protexer os postos de traballo de moitas familias e preservar o legado cultural e económico que representa Sargadelos para nós.

Tamén quero expresar o noso recoñecemento -engadiu- a todos os traballadores e traballadoras de Sargadelos pola súa paciencia e dedicación durante este proceso. “Sodes o corazón desta fábrica, e o voso esforzo diario fai que este símbolo da artesanía galega se manteña vivo”.

Desde o Concello reafirmamos o noso compromiso de seguir apoiando a Sargadelos e a todos os sectores clave da nosa economía local. Continuaremos traballando da man das institucións e empresas para fomentar o desenvolvemento e o benestar dos nosos veciños e veciñas.

Exit mobile version