O orzamento para este ano saíu adiante co voto a favor do goberno local do Partido Popular e o apoio de Udival.
“Agora temos orzamentos actualizados para este ano que nos van permitir levar a cabo algún dos proxectos deste goberno”, segundo explicou o alcalde, José Manuel Lamela.
Algunhas das actuacións previstas para este ano son:
– A renovación da praza de Ferreira con cargo ao Plan Hurbe da Xunta.
– O acondicionamento do aparcamento de Cabezán con cargo ao Plan Deputación.
O alcalde, José Manuel Lamela, destaca tamén o apoio da Xunta para actividades como:
– Mercado de Primavera
– Programa de envellecemento activo no rural que comeza mañá no centro sociocomunitario.