Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este xoves na presentación da Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito), declarada de Interese Turístico de Galicia, que se celebra o 1 de maio no recinto feiral Manuel Vila López e que conta co apoio da Xunta

A organización estima que se porán á venda unhas 18.000 filloas ao longo do día. Este ano ofreceranse tamén ao público filloas sen glute e haberá degustacións do produto acompañado de crema de cacao, nata ou mel. Unhas 145 persoas colaborarán durante toda a xornada para celebrar a festa, impulsada pola mesma comisión organizadora da Moexmu 2025.

Exit mobile version