Durante a mañá de hoxe persoal facultativo acompañado de persoal doutras categorías concentráronse na entrada do Hospital da Mariña
– “Moitas das nosas consultas atópanse reducidas e incluso pechadas polo que o número de
doentes en lista de agarda non fai máis que medrar xerando un abandono absoluto no seguimento dos mesmos”.
– “Ademais moitos dos seguimentos que se poderían facer de maneira ambulante acaban
ingresando pola falta de citas regradas nas consultas externas”.
– “Tras continuas reclamacións á Dirección deste Hospital, a resposta foi a orde VERBAL de
derivación directa de todos os pacientes da área médica subsidiarios de ingreso ó HULA.
Moitos pacientes néganse taxativamente ao seu traslado por motivos familiares, por imposibilidade de coidados tan lonxe do seu domicilio ou simplemente, por esixir quedar ingresados no seu hospital de referencia no que teñen dereito. Nas últimas gardas asistimos a moitas de estas escenas desagradables das cales non queremos seguir sendo partícipes”.
– “Desgraciadamente isto repercute directamente na saúde dos nosos pacientes”.
– “As derivacións a Centros Públicos e privados para a realización de probas complementarias que perfectamente poderían ser realizadas no noso centro se estivese dotado dos recursos humanos necesarios, Cremos firmemente que non é O PACIENTE o que ten que trasladarse a outro Hospital que non sexa o seu, senón que é a Administración Pública quen ten que garantir que se cumpran os dereitos dos DOENTES”.
– “Pedimos optimizar os nosos cadros do persoal na área sanitaria correspondente, ben
contratando novos profesionais ou ben dispoñendo dos recursos atendendo a xustiza distributiva. Unha área non pode estar sobredimensionada cando os seus distritos teñen carencias de semellante magnitude. Polo tanto cremos necesarios a destinación dos recursos existentes noutras áreas sanitarias mediante reparto equitativo en función dos habitantes de dita área, sen tratos de favor nin soldos diferentes entre os profesionais”.
– “Non se poden satisfacer todas as necesidades da poboación con medio cadro de persoal ou a veces nin iso”.
– “En pleno século XXI non poden existir diferencias tan importantes entre uns DOENTES e
outros simplemente polo lugar onde residan”.