O secretario xeral do PSdeG local, Fran Cajoto, define a camiseta como “un resumo da nosa identidade como forza política, de aquelo que nos define e dos valores que defendemos”.
O debuxo da camiseta está composto por nove recadros que dun xeito simple, pero recoñecible, fan un repaso das políticas sociais que defende o Partido: sanidade pública, un fondo galeguismo e defensa da lingua, igualdade de xénero e identidade sexual, ecoloxismo, igualdade racial, educación, traballo e vivenda digna a un prezo asumible. “O municipalismo e a defensa de Foz, a nosa máxima ilusión e preocupación no traballo diario, están representados polo veleiro e as ondas, que forman parte da bandeira e do escudo do noso Concello “- explica Fran Cajoto- “Destaca en cor vermella o icono da rosa socialista, que define o rumbo a seguir. Se pulsamos o botón vermello, teremos a garantía de que todos estes valores, que tanto costou conseguir, se van a defender e ampliar. En Foz, o primeiro de maio, Día do Traballo, pedimos a todas e todos que pulsen o vermello”.