Site icon Crónica3.com A Mariña

O Salón Gourmets elixiu a mellor receita de España con Merluza D& Burela

Este martes celebrouse no Salón Gourmets de Madrid o «Merluza do Pincho Challenge by Xunta de Galicia do Mar» para elixir a mellor receita de España de pescada do pincho con pezas de Merluza D& Burela

Madrid, 9 de abril, 2025. Merluza D& Burela pechou este martes a xornada de actividades no Salón Gourmets sendo protagonista do «Merluza do Pincho Challenge, by Xunta de Galicia do Mar», que congregou a chefs de toda España.

Cada un dos 6 finalistas contou cunha pescada que tivo que limpar e utilizar para elaborar en 45 minutos unha receita de creación propia. O resto dos ingredientes eran de libre elección, aínda que polo menos dous deles debían ser produtos avalados co selo de Calidade Diferenciada de Galicia.

O xurado profesional tívoo difícil para decidir entre propostas que destacaron polo sabor, a orixinalidade, a técnica, a presentación e, por suposto, por dar todo o protagonismo á calidade, sabor e frescura da pescada de pincho.

Adrián García de Moonlight Experimental Bar (Zaragoza) e a súa receita de “Merluza de Pincho en salmuela cocida a baixa temperatura”, con esferas de grelos e Faba de Lourenzá, proclamouse gañador do certame. O segundo premio foi para Ignacio Garbayo (Kitchen Club, Madrid) e o terceiro para Yaiza Ortiz (Maraki Gastrobar, Nájera, La Rioja).

Na xornada do mércores, OPP Burela tamén ofreceu pezas de caella das súas frotas de palangre de superficie para unha nova edición de “Grandes Descoñecidos”, coa que Pesca España pon en valor especies de baixo valor comercial e promove o seu consumo como unha opción deliciosa e saudable.

Ángel León, o “chef del mar” (restaurante Aponiente), encargouse de elaborar receitas con caella e outras especies, apostando polo aproveitamento como forma de innovación culinaria.

Todas estas accións están cofinanciadas por Xunta de Galicia e FEMPA, incluídas no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

Exit mobile version