A Concellería de Cultura do Concello de Xove pretende con esta iniciativa, ademais de conmemorar unha data tan sinalada no calendario, fomentar a lectura entre a veciñanza, salientando a importancia de contar desde fai máis de tres décadas cunha Biblioteca Pública Municipal con case 12.000 títulos informatizados e actualizados. Pois as novidades editoriais son adquiridas para a Biblioteca semanalmente, facendo especial fincapé en manterse ó día coas publicacións realizadas na nosa lingua. As suxestións das persoas usuarias son sempre tidas en conta á hora de adquirir novos títulos, así como as lecturas recomendadas para o alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove.
Desde a Concellería de Cultura sinalan o orgullo que é para todo o municipio de Xove contar cunha casa para os libros tan acolledora e activa como a Biblioteca Pública Municipal, e tamén a ledicia de que as súas sexan das instalacións máis visitadas e valoradas pola veciñanza: desde as persoas que acoden diariamente á súa sala de lectura de prensa, á sala de lectura infantil insonorizada, ambas na primeira planta; como as persoas usuarias que fan uso da área de consulta e traballo no segundo piso.