
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias felicitou este sábado a Reyco polos seus 30 anos de traxectoria no sector do transporte por estrada. Un exemplo de empresa lucense que medra con rigor, compromiso e aposta pola calidade “Desde a Xunta de Galicia seguimos apoiando ao sector con medidas para modernizar frotas, dixitalizar procesos e mellorar a formación dos profesionais”. “O transporte é clave para o futuro económico de Galicia e empresas coma esta son parte dese avance”, apuntou.