Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro vén de asinar un convenio de colaboración co Grupo Isonor

Viveiro, 19 de maio, 2025. Isonor Quality é unha empresa pertencente ó Grupo Isonor adicada á comercialización de servizos de prevención de Riscos Laborais, protección de datos, seguridade alimentaria, formación e cumprimento normativo entre outros.

Asinaron o convenio o Director de desenrolo territorial Javier Romay, a Técnico da delegación de Viveiro Carlota Guisasola e a Presidenta do CCHV Andrea Porbén.

“Asinamos este convenio co obxetivo de acadar para os nosos asociados vantaxes económicas na contratación de servizos de obrigado cumprimento e que xeran un gasto importante ó longo do ano. Si os podemos axudar a rebaixar o custo deste tipo de servizos xa estamos a cumprir unha das metas que se marcou a actual directiva” según recalcou a Presidenta do CCHV.

O director de desenrolo territorial Javier Romay quixo destacar “A aposta do Grupo Isonor por establecerse na Mariña, concretamente en Viveiro, e que os negocios asociados ó CCHV podan aproveitar as condicións ventaxosas que se asinan neste convenio, pero sobre todo destacar un factor que consideramos esencial, e que é o trato persoal e directo, cercanía con clínica propia en Viveiro a través da técnico Carlota Guisasola. Ela será a responsable da delegación de Isonor na Mariña. A aposta dunha empresa a nivel nacional, con 28 oficinas en España, é firme creando en Viveiro a sua 8ª oficina de Galicia. O orixe da empresa é galego polo que o apego a esta comunidade é moi forte.

Carlota Guisasola quixo engadir que o servizo que se prestará en Viveiro basearase sobre todo na idea de “axudar”, poder dar servizo personalizado e adaptado a cada negocio e a cada necesidade, e sobre todo poder facer os recoñecementos médicos en Viveiro, sen ter a necesidade de que os traballadores se teñan que desprazar para poder ter este servizo.

Exit mobile version