Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociacion de Veciños Valdeflores de Xunqueira pide á alcaldesa que os reciba

Viveiro, 13 de maio, 2025. A Asociacion de Veciños Valdeflores de Xunqueira explica que: “Na derradeira asemblea celebrada pola Asociación o pasado día 7 de Marzo, acordouse pedir unha entrevista coa nova alcaldesa do Concello de Viveiro, Doña Mariña Gueimunde, para entregarlle un documento onde se resumen as necesidades máis apremiantes do barrio de Xunqueira, así como a solución dos estragos que a inundación causou no mesmo, vai facer xa 7 anos”.

“Ainda non tivemos ningunha contestación da solicitude que foi rexistrada a mediados de Marzo, nin sequera a confirmación de que fora lida pola alcaldesa ou polos membros do goberno”.

“Polo que voltamos a solicitar, nesta ocasión aproveitando os medios de comunicación, que reciba a Asociacion de Veciños Valdeflores de Xunqueira, que forma parte de Viveiro, pois segue marxinada, en relación a axudas para a rehabilitación de vivendas, limpeza do rio, pois fai case un ano que non se limpa (nin tan sequera para as festas), a falta de información da obra relativa ao arranxo da beirarrúa do río e as características da mesma e tamén saber porque se parou coa limpeza por parte da empresa concesionaria da zona de Xunqueira, son parte dos 13 puntos que se pretendía comunicar a alcaldesa”.

Exit mobile version